Co motivo da 3ª Gala do deporte do Concello de Soutomaior 4 foron os entrevistados que tiveron vinculación directa co equipo de fútbol de Arcadia Xuvenil, Antonio, Jose Luis, Francisco e Amadeo lembran nesta reportaxe como foron para eles aqueles anos nos que xogar a fútbol no C.D. Arcadia que por aquel entón era o nome do Club era todo un privilexio. » Hoxe en día teñen auga quente, pero daquela había que ir a un regato a bañarse que as veces nin auga traía» coméntanos un dos protagonistas.

Outra das anécdotas deportivas de por aquel entón era o uso das botas de fútbol, » hoxe en día todos os xogadores e xogadoras teñen as mellores botas do mercado, daquela había que ir correndo ao vestiario, por chamalo dalgunha forma, xa que eran catro bloques cunhas táboas, iamos correndo xa que o primeiro que chegaba escollía ou facíase coas mellores botas, daquela se collías as do teu número era unha sorte»