Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro «Xogos con risas aseguradas». Este obradoiro realízase no marco do programa Tecnedo Lazos da Deputación de Pontevedra co que colabora o Concello de Soutomaior. O O obradoiro comezará o 9 de novembro e rematará o 21 de decembro de 2019. Poderán participar persoas a partir dos 6 ata os 99 anos.

Trátase dun obradoiro interxeneracional co que se pretende a través do xogos e da risoterapia mellorar a relación entre maiores e pequenos/as para aumentar a empatía e considerar a importancia que esta ten no día a día, ademais de rir e aprender a divertirse. Durante o obradoiro o grupo desenvolverá un montón de xogos e dinámicas como as batallas de culler, a caixa de disfraces, o supermercado, etc. E, a maiores, o grupo participará nunha dinámica sobre » A historia do meu Concello». O prazo de inscrición remata o 31 de outubro. As inscricións realizaranse na OMIX en Arcade. As datas de realización serán: sábados de 17 a 19 h no Local Municipal de Terceira Idade en Talo Río.