Máis de 100 alumnos do IES Soutomaior participaron nun novo proxecto que o Concello de Soutomaior está a levar ás aulas do municipio, mellorar as habilidades sociais dos máis novos coa axuda de cans. A iniciativa, enmarcada dentro do programa xuvenil de intervención social nos centros educativos do Concello , busca a axuda dos animais para incidir na aceptación das diferenzas, a mellora da autoestima e potenciar a empatía.

Mediante sinxelos exercicios e xogos cos cans, os alumnos traballaron conceptos básicos para as relacións sociais como a paciencia, o traballo e dedicación que con leva todo proceso de aprendizaxe ou como tolerar a frustración, por exemplo, para comunicarse cos cans. Dado que os cans non falan o mesmo linguaxe que eles, os nenos necesitan aprender a usar outros medios para entenderse, como a linguaxe corporal.

Con accións e xogos deste tipo, os profesionais buscan que o neno empatice co can e que, a través dese vínculo, poida entender como sente. Desta maneira, os mozos aprenden como ir mellorando as súas relacións, creando actitudes e hábitos que favorecerán as súas relacións interpersoais durante toda a súa vida.