Melchor, Gaspar e Baltasar escoitaron as demandas en canto a xoguetes e repartiron caramelos entre os presentes na alameda de Talo Río, centos eran os cativos que dende primeira hora da tarde agardaban polas súas Maxestades.Sobre as seis da tarde Melchor, Gaspar e Baltasar facían a súa aparición na Alameda onde se trasladaron ata os seus asentos reais para escoitar as demandas dos nenos e nenas. Agradecendo as súas maxestades puidemos gravar cales foron as petición que os nenos e nenas foron pedindo aos Reis nunha das noites máis máxicas do ano.