A finais do mes de decembro clausurouse a «Escola Municipal de Cociña para Xóvenes» organizada pola concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior. A actividade foi lúdica e de formación co fin de que compartan dun xeito ameno, creativo e divertido os segredos da cociña, elaborando receitas variadas de aperitivos, pratos e sobremesas, sempre coa responsabilidade de incidir sobre todo na seguridade, limpeza e na adquisición de hábitos saudables a través da alimentación e da cociña. Aprender a elaborar pratos rápidos pero saudables e ricos.

Os contidos da Escola foron os seguintes, a comida rápida non ten porque ser comida “basura”; receitas de cociña de supervivencia pero rica, saudable e nutritiva; hábitos saudables, protocolos e normas de hixiene; utensilios e ferramentas; combinación de ingredientes, cociña con produtos de tempada, etc.

Na clausura da Escola Municipal os alumnos e alumnas prepararon varios pratos saudables para degustar entre asistentes ao acto, a concelleira de Xuventude Noelia Ocampo destacou traballo realizado polo rapaces e rapazas do curso.