Sabela e Alba son dúas alumnas do colexio Manuel Padín Truiteiro que foron convidadas a almorzar polo Obradoiro de Emprego do concello de Soutomaior “Río Pequeno”, tanto Alba como Sabela repetiron no almorzo xa que todo o que probaron estaba moi delicioso. Nas súas casas pola mañá non adoitan a almorzar deste xeito xa que un simple tazón de leite con galletas é o cotiá.As dúas alumnas do Manuel Padín Truiteiro saíron moi convencidas de que o almorzo é fundamental xa que é un aporte de forzas á hora de ir ao colexio. Tanto alba como Sabela comentáronnos que ao chegar os seus fogares falaran coas súas nais para que os seus almorzos sexan máis saudables e completos.