Gas radon e os seus efectos sobre a saúde. Venres 8 de Febreiro ás 20,00 horas – Multiusos de Arcade Dentro da semana da ciencia no Concello de Soutomaior prográmase esta conferencia a cargo de Raquel Barbosa Lorenzo. Médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública no Hospital de Lugo. Compaxinou a súa formación en Medicina coa realización da súa tese doctoral cuxo titulo é “Uso epidemiolóxico dos mapas de Radon en Galicia” A actividade investigadora centrouse en analizar o efecto do radon sobre a saúde. O radon foi considerado como perxudicial pola Axencia Internacional do Cangro en 1988, polo seu efecto demostrado sobre o cancro de pulmón. Galicia, de feito, presenta zonas con elevada concentración de radon