O Concello de Soutomaior inaugurou a renovación da que fora a primeira pista de padel do municipio e de toda a comarca. A actuación foi presentada na mañá do luns durante a visita do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, e o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, ao complexo deportivo A Montesiña. A renovación da pista principal de padel supuxo unha inversión de 25.000 euros que foron destinados á substitución da maioría dos elementos do recinto. Así, como o actual peche da pista, construído con ladrillo e rede metálica, substituíuse por paredes de cristal, como nas outras dúas pistas do complexo deportivo. Ademais, substituíuse completamente o tapete de céspede artificial da pista por outro máis moderno e de mellores prestacións. Por último, as novas paredes translúcidas mellorarán as condicións lumínicas do recinto, substituiranse todas as luminarias da pista por novas lámpadas led.