O Concello de Soutomaior deu por inaugurado o Nadal o pasado venres na praza de Talo Río cun espectáculo dirixido a toda a familia, cheo de luz, música e moita maxia. Sobre as 17,30 horas deu comezo as actividades previas ao aceso na que houbo unha festa infantil con animación musical, agasallo de gorros de papa Noel, xogos, panxoliñas, etc. Sobre as 19,00 horas, coa chegada á Alameda das fascinantes medusas feitas con globos e con luz que danzaron ao ritmo da música nadando entre o público, procedeuse ao aceso de máis de 40 arcos luminosos, motivos do Nadal en farois, elementos decorativos en 3D, Belén e bóla de nadal que se distribuien ao longo do Concello.