Na mañá do venres o alcalde de Soutomaior Agustín Reguera e a edil de cultura Dolores Cernadas presentaron o que será o primeiro festival de cine e música infantil ( SOUTOPEQUENO) que se celebrará no mes de marzo entre os días do 28 ao 31 de marzo. Reguera salientou a implicación do Concello de Soutomaior cos rapaces e rapazas do municipio e froito da implicación naceu SOUTOPEQUENO xa que para Agustín Reguera os cativos/as de Soutomaior son peza fundamental do Concello.

Reguera cualificou o Festival SOUTOPEQUENO como unha das apostas máis importantes e agarda que sexa todo un éxito, para a concelleira de Cultura Dolores Cernadas a involucración das familias neste Festival é fundamental e dende a súa Concellería facilitouse ao máximo todo o preciso para a organización do evento. Cernadas convida a todas as familias do Concello de Soutomaior a participar nos días do 28 ao 31 de marzo e augura un éxito rotundo ao que será o primeira festival de cine e música infantil «SOUTOPEQUENO»