Tortiñas con chocolate, tortilla, un anaco de pan e zume de plátano foi o almorzo que Noa escolleu o seu compañeiro de escola, Pedro escolleu xamón, queixo, chourizo, tortilla e unha tortiña de chocolate. A posibilidade de escoller estes almorzos saudables foi grazas ao Obradoiro de Emprego do concello de Soutomaior «Río Pequeno» que dentro das actividades do mesmo convidaron aos colexios Manuel Padín Truiteiro e Santiago Apóstol para degustar un almorzo saudable realizado polos propios alumnos e alumnas do curso. Ao rematar o almorzo os rapaces puideron realizar un obradoiro de sushi impartido polos mesmos alumnos do curso de «Río Pequeno» nel ensináronlles as técnicas e trucos para realizar un bo Sushi