O Concello de Soutomaior convoca novas actividades programadas desde a Concellería de Xuventude dirixidas ao público xuvenil fundamentalmente pero abertas a todas as idades. Dende a Concellería organizan distintas actividades como poden ser:

DANZA DO VENTRE
BAILES LATINOS
DANZA URBANA CONTEMPORÁNEA
GUITARRA: española
ESCOLA MUNICIPAL DE COCIÑA PARA XÓVENES
ESCOLA MUNICIPAL DE DEBUXO E PINTURA
ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

Aínda que gran parte das actividades xa deron comezo aínda quedan prazas en moitas outras, e como di a concelleira Noelia Ocampo todo aquel ou aquela que queira anotarse pode facelo a través da páxina web do gabinete de prensa de Soutomaior ou ben acudir a OMIX e facer alí a inscrición .(www.soutomaior.com/xuventude)