O plan de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero posto en marcha pola Xunta permitirá contratar 68 mulleres este ano. Avanzouno o vicepresidente da Xunta durante a súa visita ao concello de Soutomaior, un dos 38 municipios que se sumaron a esa iniciativa. Alfonso Rueda e Agustín Reguera destacaron a importancia deste tipo de plans de inserción para que as vítimas consigan unha maior independencia económica e integrarse socialmente.