«Apenas tivemos que lamentar enfermos de Coronavirua no noso Concello» comenta o Alcalde Agustín Reguera que dende o primeiro minuto estiveron atendendo toda demanda solicitada polos veciños e veciñas. As concellerías de Servizos Sociais e Sanidade foron das máis activas durante o estado de Alerta Sanitaria, xa que como comenta o concelleiro Carlos Bas, non quedou recuncho no Concello por desinfectar e sen ser atendido pola falta de alimentos.
Para Cristina González concelleira de Servizos Sociais foi un dos seus peores momentos no cargo e agradece a todas o todos os veciños e veciñas que aportaran sobre todo alimentos para os máis necesitados. Pola parte de Reguera da as grazas a veciñanza polo bo comportamento durante o estado de alarma, e salientou as novas medidas económicas aprobadas no último pleno.