Tras o parón de todas as actividades por mor da Pandemia o concello de Soutomaior recupera parte das actividades culturais do verán, Noelia Ocampo concelleira de Xuventude e Cultura coméntanos como van ser as actividades e cales van ser as medidas de seguridade, para garantir a tranquilidade ás actividades, tanto os concertos como o resto das actividades van ser en pequeno formato e coas medidas de distancia entre os asistentes así como os puntos de desinfección de mans e do mobiliario urbano que estea en contacto coa persoa.

O que se trata con esta medida e garantir a seguridade aos presentes e dinamizar a Vila como se viña facendo en anos anteriores, Noelia pide a colaboración dos/as presentes e que comuniquen á mínima se algunha persoa non se atopa ben sexa pola causa que sexa. Actividades teatrais , deportivas, musicais Soutomaior volta a recuperar as súas actividades