O Concello de Soutomaior entregou os premios do seu tradicional concurso de postais do Nadal. Un certame que este ano incluía unha nova categoría, a de felicitacións en formato audiovisual, e que rexistrou un novo record de participación ao presentarse 332 propostas de todas as idades.

O certame está dirixido a toda a poboación do municipio e especialmente á infancia e á mocidade. O obxectivo do concurso é promocionar a creatividade e a expresión plástica entre a poboación de Concello de Soutomaior; sensibilizar á infancia sobre os valores positivos que transmite o Nadal e fomentar a participación dos nenos durante as festas.

As postais presentadas, nas súas categorías de Simple e Tridimensional, eran de soporte e técnica libre para fomentar ao máximo a creatividade dos participantes. A única norma é que debe ser aptos para a súa exposición e manexo. Nas postais audiovisuais a única restrición era de tempo, 3 minutos, e o idioma, de que debería ser galego e facer referencia á temática do concurso,“Felicitación de Nadal/ Aninovo dende Soutomaior”.

Os vencedores na disciplina de postais simples foron: na categoría A, de 2 a 4 anos, por esta orde, Arán Pérez, Bela Reguera, Noelia Suárez e Valentina Calvar. Na categoría B, de 5 a 8 anos, os premiados foron; Samuel Bouzón, Uxía Granxa, Markel Morán e Vitoria Graña. En categoría C, de 9 a 12 anos, os premios foron para Adriana Eugenio, Julen Souto, Ramón Granxa e Iria Garrido. Nas idades de 13 a 17 anos, categoría D, impuxéronse Alejandro Verde, Claudia Moreno, Antía Acuña e Sonia Vaqueiro. Por último, na categoría E para maiores de 18 anos, os premiados foron Verónica Reinoso, María José Sabaxáns, Paula Castiñeira e Melchor Alján.

As postais tridimensionais contaban con catro categorías por idades. Na primeira, de 5 a 8 anos, os premios foron para Beltrán Cabaleiro, Nicolás Bouzón e María Pintado. Na de 9 a 12 anos impuxéronse Santiago Aguirre, Xiana Vidal e Sabela Lourenzo. Agustín Amoedo e Uxía Vidal impuxéronse na categoría de 13 a 17 anos e por último, na de maiores de 18, os vencedores foron Basilio Vidal, Sergio García, e Aurea Piñeiro. Por último, na categoría de traballos audiovisuais de 9 a 12 anos impuxéronse os grupos formados por Julia Castro e María González e por Leire Rodríguez, Lola Maceira, Lucía Castro e Carla Seoane. No grupo de 13 a 17 anos os gañadores foron:o grupo formado por Pablo Barreiro, Alba Barreiro, Manuel Crespo, Roberto García e KesiaMartinez e o de Clara Bernárdez, Marta Bernárdez, Sabela Magariños e Ana Pardal. Nos maiores de 18 anos os vencedores foron Escudeiro Fernández e Montserrat Rubianes.