O Concello de Soutomaior celebrou onte domingo 8 de Marzo Día Internacional da Muller mo Multiúsos de Arcade un acto homenaxe a Carmen a «Zoca» escollida por aclamación veciñal para que formara parte dunha serie de pinturas murais do artista Joseba Murazábal titulada «Fenómenas do rural». Carmen de 96 anos de idade e que asistiu ao acto relatou como foi parte da súa vida sempre adicada ao traballo, dende ben nova xa ía mariscar para logo ir vender a onde tocara, daquela non había coche e tiñamos que ir a pe, as veces ata íamos a Vigo relatou Carmen. Eran tempo moi difíciles, vivíamos no franquismo e non era doado a vida para a muller, daquela só facíamos traballar, na casa, fora e onde fixera falta. O acto estivo marcado dentro das actividades que a Concellería de Igualade tiña marcado dentro do 8 de marzo. Cristina González Concelleira de Igualdade eloxiou o traballo de Carmen a apoiou o 8 de marzo convidando a todos os presentes a participar en calquera das manifestacións previstas no día de onte.