As brigadas ecolóxicas nace como un proxecto promovido pola Concellería de Educación e Medio Ambiente do Concello de Soutomaior en colaboración co Departamento de Bioloxía e o equipo de directivo do IES Soutomaior. Previamente un grupo de alumnos e alumnas do IES foron concienciados mediante charlas explicativas ao redor da reciclaxe, puntos como :

Que lixo e residuos imos deixando por todo o centro?
Que podemos facer con eles?
Como podo formar parte do equipo de “brigadas ecolóxicas”?

A forma de traballo das «Brigadas Ecolóxicas» comeza falando das tres R Reducir, Reutilizar e Reciclar e animando ao alumnado a participar no proxecto mediante unha dinámica de xogos .

A segunda Acción é a de formarse como Brigadista que consiste na creación dun obradoiro para a creación de personaxes e humanización dos residuos a través da creación colaborativa de disfraces para brigadistas e para representar os residuos que van a ir atopando polo recreo cando comecen a funcionar as brigadas.. Os residuos cobran vida!

E a terceira Acción das Brigadas completarase coa entrega de bolsas de papel á cafetería para que reduza o envoltorio con plásticos. E, tamén, coa entrega a principios de xaneiro dunha ILLA DE RECICLAXE na que haberá un colector de envases lixeiros, un para papel e outro para vidro que completarán o xa instalado compostoiro. Xunto a isto, en cada colector colocarase o cartel informativo correspondente aos residuos para que o alumnado os teña claros. Enviaranse máis adiante ao centro cada cartel.