Desde o Concello de Soutomaior e o CIM, ponse en marcha a Campaña do 25N, dia Internacional contra as violencias Machistas, baixo o lema ULTRAVIOLETA. A campaña ten coma principal obxectivo, poñer o foco, sobre as violencias menos visibles máis non por iso menos perigosas ou menos presentes na nosa sociedade. A luz Ultravioleta ou luz negra, ten entre outras aplicacións prácticas, na ciencia forense, a posibilidade de resaltar en cores fluorescentes na oscuridade diferentes fluidos, tonos e rastros que pasan desapercibidos na luz do día, facilitando así a súa detección.

O comercio local tamén partipou, tres foron os establecementos que colaboraron coa Concellería de Igualdade para a elaboración de mascarillas que tanto empregadas/os públicos do mesmo Concello ou propietarios/as dos comercios de Soutomaior e Arcade lucirán este 25 de Novembro polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Sonia, Ara, Azucena e Charo foron as catro encargadas de poñer rostro as mascarillas, un rostro e unha forma de ver a violencia machista de cada unha delas.