A visita dos tres Reis Magos ao Condecello de Soutomaior comezou pola mañá concretamente no concello de Soutomaior onde un grupo amplo de nenos e nenas esperaba impacientemente a chegada das súas Maxestades Tras a súa chegada,foron recibidos polo Alcalde Agustín Reguera Melchor, Gaspar e Baltasar saudaron , xunto coa súa comitiva Real, e recolleron as cartas dos nenos e nenas que aínda non foran enviadas.

Os nenos e nenas alí presentes tiveron a sorte de poder conversar un ratiño cos tres Reis Magos, e unha vez rematada a súa visita puideron acompañalos no mesmo tren no que chegaron ao Concello. Xa a partir das 17,00 horas comezou o desfile en Arcade dende a rúa Calvario ata a Alameda de Talo Río, os Reis Magos formaron a súa comitiva no mesmo tren turístico da mañá acompañados dos agraciados no sorteo dos rexistrados en liña para acompañaron ás súas Maxestades.

A comitiva Real durante o percorrido foi acompañada dun espectáculo itinerante ambientada no “Mundo do Circo” interactivo con moita música, cor e diversión a cargo de: zancudos, malabaristas, mono-ciclistas , etc. Unha vez chegada a comitiva a Tallo Río os centos de nenos e nenas que agardaban por eles foron quen de poderlles entregar as cartas de última hora e pedirlles algún agallaso a maiores, Melchor , Gaspar e Baltasar agradeceron a visita dos nenos e nenas da Vila e recordaron aos presentes que esa noite era a máis máxica do ano para eles é que polo tanto repartirían os agasallos pedidos nas cartas.