Os veciños da Asociación Pozo Vello danlle cor navideño á rúa montando un xigantesco Belén onde non falta de nada, a idea xurdiu dunha viaxe duns dos membros da Asociación onde viron unha montaxe moi parecida e desde ese mesmo momento decidiron facer algo parecido no barrio de Arcade.

Tras a situación de pandemia pola que estamos a pasar os propios organizadores decidiron levar adiante o proxecto polo mes de setembro, e tras varias xuntanzas organizativas decidiron montar os adornos navideños entre os propios membros da Asociación Pozo Vello.

«Este é o primeiro ano que organizamos este tipo de actos e non nos deu tempo a facer nada máis, pero xa estamos a pensar no próximo ano» comenta Daniel o presidente da Asociación, «cada día pasa moita xente por aquí para ver este Belén que esta feito de forma moi artesanal, aconsellamos a súa visita pola noite xa que o alumeado navideño luce moito máis».