amórate de Ti” é un taller fográfico e dináminco que ten como protagonistas ás mulleres. Este proxecto creado por e para o xénero feminino, ten como elementos crave as tres A: Autodescubrimento, autoestima, autoconcepto. En “ Namórate de Ti”, ademais de fomentar a valía individual, trabállase o sentido de grupo. Así, as mulleres que asisten aos talleres van creando conexións que lles serven de apoio.

Este proxecto está especialmente recomendado para mulleres vítimas de violencia de xénero, en risco de exclusión social, e/ou que precisan recuperar a confianza en si mesmas. Sara e Marina son dúas das mulleres que participaron neste Obradoiro, «parte das actividades que tíñamos que facer era a de escribir nun papel o bo e o malo de nos mesmas como mulleres, para logo desfacernos do malo e quedarnos só co bo. A verdade é que o pasamos moi ben neste curso», coméntanos tanto Sara como Marina