Na mañá de hoxe luns 20 de xaneiro tivo lugar no Concello de Soutomaior un pleno extraordinario solicitado polo BNG para tratar a problemática dos vertidos ilegais que o concello de Soutomaior realizou nun monte do propio Concello. A se mesmo os nacionalistas denunciaron tamén o problema da depuradora de Arcade Neste caso as emisións contaminantes foron detectadas tras unha denuncia recibida en Augas de Galicia, constatándose a existencia de vertidos reiterados como consecuencia do deficiente funcionamento dunha estación de bombeo de augas residuais existente na zona.

Augas de Galicia procedeu á notificar á Administración local a situación, requiríndoselle a adopción das medidas oportunas para a subsanación do punto de vertido. Dende o Concello de Soutomaior, a través da empresa concesionaria do servizo de mantemento da rede de saneamento, leváronse a cabo melloras técnicas no bombeo citado, destinadas a minimizar a saturación da rede e os consecuentes episodios de vertido derivados de dita situación.