O Multiusos de Arcade acolle este domingo día 8 de marzo o primeiro dos actos programados para conmemorar o Día Internacional da Muller: homenaxe a Carmen “a Zoca”. A protagonista do mural pintado polo artista Yoseba Muruzabal na entrada de Arcade.

O acto inclúe a proxección do documental “Fenómenos do Rural” no que o artista recolle varios dos seus traballos e unha entrevista coa homenaxeada. O acto comezará a partir das 12 da mañá e contara cunha sesión vermú trala proxección do documental.