No marco do Programa Municipal “Roteiros Medio ambientais: coñece o teu Concello e arredores” inclúense unha serie de actividades lúdico – formativas coas que se pretende dar resposta a necesidades detectadas no ámbito da sensibilización medio ambiental e da protección e coidado do patrimonio natural. Para conseguir tal fin ponse en marcha este proxecto no ano 2005 que ten como obxectivo ofertar roteiros cun valor significativo medio ambiental e patrimonial ofertándose como unha proposta de educativa non formal cunha periodicidade trimestral.

No curso 2019/2020 o programa amplía o seu ámbito de actuación e con tal motivo amplíase a oferta de roteiros a colectivos específicos, en concreto, á poboación en idades escolar para comezar a educar e sensibilizar desde idades temperás. Con tal motivo, faise unha proposta concreta aos centros educativos para traballar esta área de xeito transversal e ofértanse varios Roteiros para que desde os departamentos de Bioloxía ou áreas afíns se poida incorporar esta actividade sobre a base do traballo de campo e coñecemento do medio.

Os alumnos e alumnas do IES de Soutomaior foron os encargados de realizar a visita que tivo como lugar as Salinas de Ulló entre os obxectivos principais da ruta foi dar a coñecer a historia e os antigos usos tradicionais dos hábitats intermareais, tales como salinas, extracción de áridos, muíños de mareas, marisqueo ou pesca típicos da enseada de San Simón, así como valorar a zona como refuxio de aves acuáticas migratorias. As aves limícolas, zancudas
e anátidos procedentes de Europa que atopan na enseada de San Simón un importante lugar de invernada e parada durante as súas migracións.