A Alameda de Talo Río foi o escenario do entroido infantil celebrado polo concello de Soutomaior, centos de nenos e nenas acudiron disfrazados para participar nas distintas actividades que había programadas, Pista americana, Liga Xustiza Inchable construtores/ as, obradoiro de máscaras tradicionais galegas, obradoiro de máscaras con elementos naturais, espectáculo musical de animación “ Canta baile” de entroido, flocos de millo e algodón doce. Este domingo en caso de que a choiva o permita haberá o tradicional desfile de comparsas a partir das 17h