O que comezou como unha estrutura para un desfile de Entroido acabou sendo a obra máis grande de Bernardo Seoane. Coas súas dúas tonladas de peso vixía parte do xardínn da casa deste artista en Arcade . Este xigante está pensado para que os máis cativos tamen desfruten del e podan trepar ao máis alto. Na súa casa garda unhas trescentas obras que foi ideando cos anos. Hai de todo, dende insectos e robots, ata máquinas absurdas como a máis cobizada no confinamento, a de repartir apertas. Polo momento, malia as ofertas que recibiu, non vende as súas obras, pero si convida os peregrinos que pasan por diante da súa casa a visitalas.