Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos podían solicitar o Carné Xoven ou ben a través da páxina web da Xunta de Galicia ou mediante oficinas con legalidade para a súa tramitación. A semana pasada presentouse na Oficina de Infomación Xuvenil (OMIX) un novo lugar onde poder solicitar o Carné, deste xeito o Concello de Soutomaior súmase á lista de oficinas onde poder expedir o Carné .

O alcalde Agustín Reguera e Cristina Pichel Directora Xeral de Xuventude foron os encargados de presentar as vantaxes do Carné que segue a ser unha tarxeta persoal e intransferible que pon á disposición da mocidade coa que se obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras.

O carné poderán solicitalo todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive. A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive). Para poder conseguilo basta con acudir á oficina da OMIX en Arcade onde
cubrindo un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas se informará de todos os requisitos do mesmo.