Bibliofogar é un servizo de extensión bibliotecaria da Biblioteca Municipal de Soutomaior co fin de achegar a lectura ás persoas que teñan dificultades para acceder a ese servizo de forma presencial ou que o necesiten. Pero como funciona realmente? Como é o servizo de préstamo de libros? Quen pode facerse socio/a. Acudimos á Biblioteca Municipal de Arcade Luís Seoane onde alí nos espera Mar ( responsable do proxecto) e Patricia a bibliotecaria para respondernos todas as preguntas feitas anteriormente. Neste reportaxe de tres capítulos, acompañamos a Mar na súa furgoneta denominada» Furgoneta biblioteca » para ver realmente como é este servizo e como responde por parte dos usuarios.