O Concello de Soutomaior pouso en marcha unha nova actividade deportiva xa que as Actividades de Verán que tanto éxito tiveron nos pasados anos houbo que cancelalas por mor da Covid-19. Esta nova actividade divídese por grupos de idade e por quendas entre a semana, cada grupo ten unha semana deportiva intercalando varios deportes, fútbol, tenis, voleibol, etc a iniciativa principal é que os participantxs ao campamento pasen por varias actividades para que posiblemente nun futura poida escoller un deporte para practicalo.De luns a venres divídense os grupos para realizar as actividades e o venres final si o tempo o permite, o Concello de Soutomaior instalar uns inchables para poder gozar das altas temperaturas.