Este venres 13 de agosto Raúl Reyes Fuentes ofrecerá un concerto de clarinete no Multiùsos en Arcade acompañado de Pablo Rodríguez ao piano. Haberá dous pases, o primeiro ás 21 h e o segundo pase ás 22 h. Rául, veciño de Soutomaior, comezou os seus estudios con Iván Maia Boullosa e Carlos Abal Movilla na Escola de música de Arcade. No ano 2015 terminou os seus estudos de grao profesional, recibindo o “Premio Extraordinario fin de Grao”. Nese mesmo ano conseguiu unha praza para ingresar no CMUS Superior Vigo.

A nivel orquestal é membro da Joven Orquesta de Galicia e da Bruckner Akademie Orchestra de Munich. Estudiou con profesorado do máis alto nivel, como Joan Enrich Lluna ou Juan Ferrer. Conseguiu en dous anos consecutivos o premio do concurso de Cámara “Cidade de Vigo”.Na actualidade áchase inmerso na creación do seu primeiro álbume, coa discrgráfica Orpheus Calssical. Acompañamos este artigo dun díptico no que poderedes coñecer a relevancia deste gran músico e artista.

 

Fonte: https://www.gabinetesoutomaior.com