«Soutomaior Concilia chegou para quedarse» comenta a Concelleira de Servizos Sociais despois do rotundo éxito deste ano, o que comezara hai un ano como unha simple proba, a día de hoxe está a ser un dos campamentos con maior éxito do Concello.
Aínda que naceu como un campamento Concilia, non deixa de ser un campamento tradicional onde a súa monitora Ana, coméntanos que «todos os días teñen actividades de lecer e sobre todo de educar, xa que as monitarxs están a ensinar uns valores sobre todo no xénero da igualdade, aparte de ser monitorxs somos docentes » Soutomaior Concilia está a ser un éxito tanto de participantes como de contidos.

O campamento desenvólvese con todas as garantías sanitarias, establecéndose medidas de seguridade a recepción das crianzas como unha declaración responsable das persoas proxenitoras garantindo a saúde das nenxs nos 14 días previos á entrada no campamento.