O Peirao de Arcade acolleu o pasado fin de semana un dos maiores salóns de xogos para a mocidade do Concello deste verán. VideoXogando, o primeiro salón gaming do Concello de Soutomaior, é un evento dirixido ao público xuvenil de toda a comarca que mesmo contou co seu propio torneo de ESports, un campionato sobre o xogo “Mario Kart”. A competición estivo organizada polo equipo “Kings Dragon”, a formación de referencia en Galicia nesta disciplina.

Do mesmo xeito, o salón contou con varios puntos de xogo para todo tipo de públicos, unha ecozona con puntos de reciclaxe, charlas formativas sobre a industria do videoxogo, zonas de xogos clásicos, puntos gastronómicos e tendas de roupa. Os asistentes do salón tiveron a oportunidade de probar en exclusiva as primeiras versións, coñecidas como “beta”, dos últimos xogos de creadores como Azra, Nova, ou Manitas kitchen.

Un dos momentos máis esperados foi a actuación da Xixonensa Elesky que é unha creadora de contidos na que interpreta pezas musicales relacionadas con videoxogos. É unha das streamer máis destacadas do momento.