Un documental que amosa as testemuñas de diferentes mulleres do Concello de Soutomaior para facer reflexionar á cidadanía sobre a igualdade e os retos que se atopan as mulleres hoxe en día.
Raquel Fernández Reguera é graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, cun mestrado de especialización en Historia Contemporánea. As súas investigacións centráronse nos movementos sociais e nos feminismos, máis concretamente nos movementos estudantís e no movemento feminista organizado desenvolvido na Galicia. No ano 2020, puxo en marcha o seu propio proxecto de divulgación na rede chamado @mulleresgalegas, que ten o obxectivo de difundir o legado das mulleres de Galicia e fomentar a igualdade ao proporcionar referentes femininos propios. Esta labor que realiza na rede complétase coa impartición de charlas e conferencias en asociacións e outro tipo de entidades.

No proxeto deste documental contamos coa graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela Coral Piñeiro González Actualmene, estase especializando cun mestrado en Motion Graphics e Animación 3D. No 2020, dirixiu Dores, un documental de memoria histórica sobre os campos de concentración de Franco en Galicia. Este foi seleccionado no festival DoscBarcelona, no Cine Incorto México e en El Cine Suma Paz Colombia. Ademais, recibiu o premio do público no Ourense Film Festival (OUFF) en Curto. Durante a súa recente trayectoria ten pasado por diferentes postos dentro do sector audiovisual como rexidora e axudante de realización na TVG ou técnica de sonido.