Divulgaciencia, é un programa educativo promovido polas Concellerías de Educación e Xuventude de Soutomaior que pretende espertar a curiosidade pola ciencia e difundir contidos científico – tecnolóxicos mediante accións cunha metodoloxía dinámica, experimental e lúdica na que poida participar toda a cidadanía. Apostando pola experimentación e a curiosidade e polo fomento das vocacións científicas arredor da acción principal que será a Feira de Ciencias haberá un programa de actividades previas complementarias dirixidas ao alumnado, profesorado e á cidadanía, en xeral, para achegar a ciencia a todas as persoas e colectivos.

Este proxecto está financiado pola Federación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) na Convocatoria de axudas para o Fomento da Cultura Científica, Tecnolóxica e da Innovación.

Desenvolverase entre o 11 de febreiro a 5 de maio de 2022. iniciamos o programa hoxe venres 11 de febreiro para conmemorar o día internacional da nena e da muller na ciencia visibilizando e poñendo en valor as grandes achegas da muller á ciencia.