Todos os partidos políticos do concello de Soutomaior uníronse para aunar forzas no conflito do trasvase de auga dende o río Verdugo ó encoro de Eiras. No pleno extraordinario celebrado a semana pasada os partidos da oposición BNG e PSOE xunto a corporación municipal do PP aprobaron por unanimidade unha serie de medidas para intentar paralizar as obras do trasvase de auga.

O voceiro nacionalista Manuel Lourenzo propuxo unha serie de medidas as cales solicitan ó concello de Soutomaior curse unha denuncia contra a xunta de Galicia a que curse un denuncia medio ambiental por agredir o ecosistema do río Verdugo e o banco marisqueiro da Vila.

O segundo acordo que se solicitou e que o Concello empregue o seu servizo xurídico e mecanismos legais e administrativos existentes para defender os seus veciños da agresión que supón o trasvase.

Que o concello de Soutomaior se dirixa a augas de Galicia á Presidencia da Xunta e a Consellería de Medio Ambiente exixindo a inmediata paralización do trasvase

E por último que o concello de Soutomaior curse unha denuncia contra a Xunta de Galicia por empregar o procedemento de emerxencia para o construción do trasvase sen ter os requisitos necesarios para poder levalo adiante.