O concello de Soutomaior celebrou a semana pasada un pleno extraordinario urxente para realizar a modificación de crédito número 9 para a realización dunha serie de inversións 9/2017 trátase de modificar as partidas o suficiente para poder realizar as obras da mellora da rúa do Peirao dotando a zona dunha mellora suntancial da visibilidade colocando unha serie de farolas en puntos estratéxicos,  outras das obras a realizar é a ampliación das aceiras entre a zona da carballeira e o parque recreativo.

Por outra banda a substitución do chan de cemento do pavillón da Montesiña por parqué e outra serie de medidas a tomar para o concello  de Soutomaior. Tanto o BNG como o Partido Socialista votaron a favor neste pleno urxente argumentando que toda mellora para o Concello é positiva .