Eloi Gestido é mestre no IES de Soutomaior é foi un dos protagonistas á hora de incentivar e fomentar a participación por parte dos alumnos e alumnas ao XII concurso Verbas para Comunicar que promove a concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior, o cal agradece este tipo de iniciativas .

Eloi considera importantísimo o uso da lingua galego, pero non só no instituto senón tamén fora do ámbito da ensinanza, xa sexa na casa, na rúa ou en calquera outro lugar que de pé a falar a Lingua.

Eloi foi un dos mestres dinamizadores da cantidade de actos culturais e etnográficos que se realizaron no centro no mes de maio un dos proxectos foi o chamado «Falemos de ti e min» que fixo posible que o alumnado do noso IES coñecese de preto dúas das propostas artísticas máis innovadoras, recoñecidas e internacionais da cultura galega actual a compañía A Panadería e pola tarde a afamada cantante galega «Mercedes Peón»

O centro educativo goza nestes intres dunha actividade cultural moi activa o que fai adquirir coñecemento e inquietudes ao alumnado/A