Son as dúas carpas instaladas arredor do centro de saúde de Arcade. Unha iniciativa de ida e volta que combate o medo ao contaxio, como nos conta o médico Andrés Santiago. Na carpa de diante dispensan receitas, atenden consultas de enfermería ou fan as probas de sintrom, evitando o contacto directo. Na carpa de atrás agardan os pacientes para que non se produzan aglomeracións.

 

Fonte TVG