Marián Arza é a mestra da Escola de Educación Infantil Romariz, cando comezou a traballar na Escola apenas había material mobiliario en Romariz, as veces mercaba algún xoguete para os seus alumnos e alumnas. A xunta de Galicia e o Concello de Soutomaior foron os que adecentaron o centro para que estivese en óptimas condicións para poder exercer como centro educativo.

A día de hoxe Marián non se imaxina traballar fora da Escola xa que está moi contenta cos seus alumnos e alumnas e considera que este tipo de centros educativos son moi beneficiosos para os rapaces e rapazas.

Nestes momentos a Escola de Educación Infantil Romariz conta case cunha ducia de rapaces e rapazas, para a mestra Marián é unha mágoa que este tipo de centros teñan que pechar por falta de alumnos e alumnas xa que considera que é un tipo de educación moito beneficiosa para os alumnos e alumnas, o haber menos nenos e nenas que de costume unha pódese para moito máis tempo a ensinar e as condicións de comodidade están moito mellor que nunha escola con moitos alumnos e alumnas.

Á Escola de Educación Infantil Romariz non lle falta de nada, as veces ata teñen clases de cociña, e cando chove teñen un propio patio onde estar ao resgardo da chuvia. No día de hoxe 8 de Marzo día Internacional da Muller Traballadora a Concellería de Igualdade quere resaltar o labor da mestra Marián e agradecer a súa implicación no centro educativo.