Manuel Álvarez máis coñecido como Lito é o gran artífice do deporte de Kick Boxing ou case calquera outra arte marcial no Concello de Soutomaior, desde hai máis de 30 anos leva practicando este estilo de deporte e compartindo cos seus alumnxs . El foi o pioneiro nun municipio de aproximadamente 7.000 habitantes e logrou que o seu Club o Arcade Kick Boxing sexa un dos Clubs que máis licencias federativas ten. A nivel galego e nacional non hai quen lle «meta man» deportivamente falando, os seu palmarés como adestrador e dos máis completos de España.
Nestes momentos dous dos seus pupilaxes proclamáronse campiónxs do mundo Weiz (Austria) en dúas modalidades totalmente distintas como son o Savate e o Kick Boxing. Un paso de xigante para o seu Club que con estes títulos comezan a conquistar o estranxeiro.