Este ano voltamos a celebrar o Samaín, unha festa tan agardada por todas e todos nós. Mantendo os criterios de seguridade igual que ata agora retomamos este programa que contará con moitas actividades para todas as idades. Dadas as condicións metereolóxicas que deron no domingo trasladouse ó Multiúsos as actividades que estaban inicialmente previstas para Talo Río o domingo 31 de outubro de tarde.

O programa foi o seguinte a gran celebración domingo 31 de outubro de tarde

17.30 a 18.30 h “Charli o inventor de palabras” Clown e improvisación.

A partir de 5 anos.

Auditorio interior Multiúsos

18.30 a 19.45 h Tren asador de CASTAÑAS – DEGUSTACIÓN DE BALDE!

Haberá unha carpa no exterior para poder estar fóra e desfrutar da degustación, charlar e escoitar música.

19.15 a 20.15 h “Suaren Bataila” danza, lume, acrobacia, música e meigas.

Todas as idades

Auditorio interior Multiúsos*