Soutomaior presenta a programación para este verán 2021. Ó longo dos meses de xuño a agosto haberá actividades moi variadas dirixidas a todos os públicos que se desenvolverán en diferentes lugares do municipio co fin de achegar a cultura a todos e todas achegándonos a todos os lugares de lecer e esparcemento da poboación de Arcade e Soutomaior. O mes de Xuño comezou co Ciclo de Cinema Galego coa proxección do filme O QUE ARDE, unha proposta que continúa todos os sábados deste mes proxectando cada día unha: sábado 19 A ILLA DAS MENTIRAS, sábado 26 CUÑADOS e finalmente, o sábado 3 de xullo proxectarase NACIÓN. Dado que os días agora son máis longos a hora de proxección de todas será ás 22.30 h co fin de adaptarnos á luz e sempre que o tempo o permita no exterior.
Entre medias durante este mes de xuño, xullo e agosto haberá actividades para manterse en forma, actividades de orientación no Camiño Xacobeo, obradoiros, contacontos, actividades de lecer e educativa como os campamentos, teatro e música popular galega abordando a través destas actividades temas como o medio ambiental, a diversidade e tolerancia ou o Camiño de Santiago e a súa historia.
No mes de xullo porase en marcha o programa Encontros lingoreteiros: arte e lingua. Un programa de contacontos e obradoiros que se levará a cabo todos os venres do mes de xullo e o primeiro de agosto para en cada sesión traballar diferentes artistas galegos/as seleccionados para dar a coñecer o patrimonio cultural galego coas propostas de Xulia Minguillón, Menchu Lamas, Maruxa Mallo, Laxeiro, Alex Vázquez e Castelao. Os lugares seleccionados para realizar esta actividade son varios: a Xunqueira de Arcade, Veiguiña Longa en Comboa, Peirao de Arcade e Alameda Talo Río. Dirixidos a nenos e nenas a partir de 5 anos acompañados/as dunha persoa adulta. A partir de 10 anos pode asistir sos/soas.
Clásicos na programación dos veráns culturais son o ciclo de Cinema de verán ao aire libre, programa dentro do cal proxectaranse varios filmes: sábado 10 de xullo “Padre no hay más que uno”, domingo 15 de agosto Abominable e domingo 22 de agosto “Capitana Marvel”. Ou por exemplo, os programasSoutonight ou as Sesións Vermú nos que se enmarcan espectáculos de música, teatro, etc., como por exemplo: venres 30 de Xullo “Moosing” en Talo Río, sábado 17 de xullo Pop Rock&Cafe no Peirao, domingo 25 de xullo sesión vermú con “Raúl&Compañía” ou domingo 1 de agosto sesión vermú con “Cara B” en Peirao, entre outros.
Na programación tamén haberá grandes eventos musicais como o Festival SoutoMareiro o venres 23 de xullo no que actuarán Sheila Patricia e Laura Lamontage&PicoAmperio ou o sábado 24 de xullo o concerto de Susana Seivane o sábado 24 de xullo, o concerto de Uxía Lambona” o sábado 31 de xullo, os concertos como o da Banda Artística de Arcade de Pasodobres o domingo 8 de agosto, o Festival de Bandas da Artística de Arcade o sábado 21 de agosto e o Musical “Supermeiga” o sábado 14 de agosto. Complétase esta programación co Teatro Maxia “Gosth” o sábado 7 de agosto, Teatro a cargo da compañía MDM coa peza “El mentiroso” o sábado 28 de agosto.
Colaboran co Concello no financiamento a Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia, a través da liña Xacobeo 21-22.
Máis información sobre a programación na axenda municipal: https://www.gabinetesoutomaior.com/in…
Consultar en cada actividade se hai que realizar inscricións previas. Nesta web poderedes atopar as inscricións en liña: https://www.gabinetesoutomaior.com/in…