Aínda que Frida explícanos perfectamente de que vai o seu proxecto » as augas do noso pobo» este é un proxecto dos cinco compañeiros de traballo do IES de Soutomaior. Tras avaliar os custosos sistemas de potabilización das augas déronse conta que non todos os veciños e veciñas da Vila poden optar a ter un de aí que se lanzaran á construción dun propio. Este sistema funciona como calquera outro modelo de mercado, o que se trata e de filtrar e levar adiante unhas operacións un pouco máis complexas. Tras analizar varias augas públicas do Concello estes cinco investigadores comentáronnos que as augas de uso doméstico están en bo estado.