Unha das grandes novidades para este Nadal segundo nos conta Cristina González concelleira de Comercio e Turismo, é a colaboración do Concello co comercio local, con cada compra que se faga no mesmo recibirase un boleto no que se entrará nun sorteo de 30 cestas de Nadal que se celebrará o 22 de decembro. Un día máis tarde haberá un tren turístico que levará aos nenxs ata a casa de Papá Noel que se atopará no peirao na caseta de Turismo.