As actividades de Verán do Concello de Soutomaior son das máis agardadas polos cativxs do Concello, nel poden participar todos os empadroados de ata 13 anos e que teñan cumpridos os 3 anos o día 1 de xullo de 2022. Un ano máis, viñeron cargadas de animación, diversión e momentos inesquecibles.

Nas Actividades hai un total de cinco grupos divididos por idades, todos eles cun máximo de 45 nenos e nenas. Así, o grupo ‘A’ contará cos nados os anos 2019 e 2018; o ‘B’ nados nos anos 2017 e 2016; o ‘C’ nados en 2015 e 2014; o ‘D’ nados en 2013 e 2012; e o ‘E’ nados en 2011, 2010 e 2009.

Cómo todos os anos as Actividades veñen cheas de sorpresas e de viaxes a lugares sorprendentes para un maior gozo dos participantes. Na entrevista deste vídeo, escollemos a actividade de cociña, que xa é un clásico dentro do Evento, no día de hoxe houbo que cociñar un falafel, comida típica de Oriente Medio e onde os nosos pequenos cociñeiroxs puideron degustar este exquisito prato.