O sábado pola tarde inaugurouse o novo parque infantil situado praza de Talo Río, unha morea de rapacxs agardaban o acto para poder estrear o tan ansiado parque, como di o alcalde de Soutomaior Agustín Reguera, » todxs os nenos e nenas do Concello son unha referencia para nós, o anterior parque non era merecedor para o noso Municipio de aí a remodelación» O Concello xa tiña pensado inauguralo hai tempo pero por mor das choivas caídas no mes pasado houbo que aprazalo.