O pasado sábado o Peirao de Arcade encheuse de familias impacientes por escoitar en directo as cancións das súas películas de Disney favoritas.
Gisela subiu ao escenario para ofrecer un show divertidísimo no que non se esqueceu de ningunha xeración. Tamén a acompañaron algunhas personaxes populares como a Sirenita, Pocahontas ou o Xenio de Aladín.
O concerto rematou ca participación de todos os nenos e nenas que quixeron subir ao escenario, algo que Gisela non adoita facer nos seus concertos, pero que probou en Soutomaior ao ver o gran entusiasmo da cativada.

 

Fonte: Facebook Concello Soutomaior