A explanada do porto de Arcade transformouse o sábado nun parque de lecer infantil con castelos hinchables, atraccións mecánicas e tobogáns acuáticos que atraeu a centos de nenxs a gozar da Festa da Familia, organizada polo Concello de Soutomaior . Os máis pequenos pasaron unha tarde chea de diversión con actividades para todas as idades, entre as que destacou a clásica festa da escuma. Un ano máis o Concello volve a festexar unha das festas máis familiares do Concello.