O venres 20 de outubro en horario de tarde terá lugar o III Festival Cultura Urbana que tivo qe ser psuspendido  semanas atrás por causas metereolóxicas . O Concello de Soutomaior convoca esta nova data e anima a toda a mocidade a participar neste festival que ten como obxectivo promover actividades lúdicas e participativas entre a mocidade arredor da cultura urbana e o deporte de rúa.

Haberá obradoiros de parkour, de danzas de rúa, de skate, de graffiti e tamén un campionato de scooter e de bmx. Lembramos que para participar nestas actividades e no campionato haberá que anotarse previamente a través deste formulario en liña pinchando en:
http://www.gabinetesoutomaior.com